Monday 29 de April de 2024

Ortigueira arrica a “Semana da Árbore”


Arrinca a ‘Semana dá árbore’ en Ortigueira coa plantación dun exemplar de naranjo clementina na residencia de persoas maiores do municipio. O acto celebrado na xornada de onte,21 de marzo, contou cunha homenaxe en recordo a Isabel Álvarez. No evento participou o alcalde, Juan Penabad Muras.

Hoxe continúan as actividades en conmemoración do Día da Árbore, 21 de marzo, con outra plantación en Galiña Azul, neste caso dunha maceira. O mércores levarán a cabo tamén plantacións en ASPROMOR, o xoves no CEIP José María Lage e o venres no IES de Ortigueira. Ademais, durante o xoves 24 repartiranse árbores entre as persoas usuarias da biblioteca Juan Fernández Latorre.

Con esta iniciativa o equipo de goberno busca sensibilizar sobre o medio ambiente e a importancia do seu coidado.